Ingresan en prisión os dez detidos polo ataque a dous policías no Vao

Poio
09 de maio 2020

O xulgado do penal número 2 de Pontevedra ordenou en ingreso en prisión das dez persoas detidas no Vao de Arriba pola súa participación no ataque a dous policías locais de Poio

Unha persoa detida pola Policía Local de Poio
Unha persoa detida pola Policía Local de Poio / Guardia Civil

O xulgado do penal número 2 de Pontevedra ordenou en ingreso en prisión das dez persoas detidas no Vao de Arriba pola súa participación no ataque a dous policías locais de Poio.

Os detidos prestaron declaración por vía telemática. A decisión xudicial coñeceuse a última hora deste venres.

Están acusados de delitos de atentado e resistencia aos axentes da autoridade e danos materiais.

As detencións practicáronse ás 8.30 horas da mañá, durante un dispositivo levado a cabo pola Garda Civil, onde participaron efectivos da Unidade de Seguridade Cidadá (USECIC), Policía Xudicial e o Equipo Pegaso da Comandancia, así como a Policía Local de Poio.

O Concello de Poio anunciou que comparecerá como acusación particular.