Nun vídeo difundido a través das redes sociais, o pastor e o patriarca do poboado de O Vao piden perdón pola liorta ocorrida hai unha semana na que resultaron feridos dous axentes da Policía Local de Poio e catro da Garda Civil de Pontevedra e solicitan a liberdade dos detidos tras o suceso.
"Arrepentímonos publicamente. Foi un equivoco e recoñecemos o erro do que lle fixeron aos policías locais", asegura o relixioso, que se disculpa co alcalde de Poio, o xefe da Policía Local e os axentes feridos, sen facer referencia á Garda Civil.
Despois de desculparse, o pastor quita importancia ao ocorrido, pide a liberdade dos detidos e asegura que son inocentes. "Hai dez detidos en prisión. Teñen cousas nas mans pero ningún tira obxectos contra a Garda Civil, outros non estaban na liorta pero están en prisión. Son inocentes,pedimos a liberdade de todos os que están en prisión", sostén e alega que os autores da agresión serán castigados seguindo o seu propio código.
"Tomaremos medidas á nosa maneira, é peor o castigo noso que o da xustiza", declara.
Preocupado polas consecuencias do ocorrido, os dirixentes xitanos piden á administración que non retiren as axudas dos residentes neste poboado. "Pedimos que nos respecten como cidadáns, como persoas e como españois e que non se metan nas axudas nin nas Risgas do poboado do Vao", solicitan, porque aseguran que "temos nenos, moitos están enfermos e teñen que comer como todo o mundo".
Pola súa parte, o patriarca do poboado tamén pide a liberdade dos seus veciños. "Pido a liberdade para os presos porque son inocentes", subliña, tras destacar que "nunca pasara algo así".
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.