Inician as obras de saneamento en Cadrelo e Pereiro (Santomé de Piñeiro)

Marín
24 de agosto 2015

Nos últimos días comezaron as obras de saneamento das zonas de Cadrelo e Pereiro, situadas na parroquia de Santomé de Piñeiro. Trátase dunha actuación que está incluída no convenio de saneamento asinado entre o Concello de Marín e a Xunta de Galicia

Obras de saneamento en Pereiro e Cadrelo Concello de Marín

Nos últimos días comezaron as obras de saneamento das zonas de Cadrelo e Pereiro, situadas na parroquia de Santomé de Piñeiro. Trátase dunha actuación que está incluída no convenio de saneamento asinado entre o Concello de Marín e a Xunta de Galicia.

O investimento desta última adxudicación por parte da Xunta de Galicia ascende a 390.000 euros e consistirá na execución dun colector en Pereiro de case 300 metros e de tres ramais. En Cadrelo executaranse dous novos ramais cunha lonxitude de 530 metros, unha estación de bombeo e unha impulsión.

A empresa adxudicataria é Narón S.L., que disporá dun prazo de execución de catro meses.

Augas de Galicia dirixe a execución destas obras e levará a cabo os traballos de supervisión, control e dirección. O Concello colabora a través do departamento de Rural, encabezado polo concelleiro Pablo Novas. Él será o que trate de solucionar calquera incidencia que producen actuacións deste tipo.

Nesta parroquia, ademais das obras acometidas en Fixón, levouse a cabo a execución das obras que levaron o servizo de saneamento a Miñán-Esperela.