Iván Puentes asume as reclamacións dos veciños de Campolongo para mellorar o barrio

Pontevedra
23 de xullo 2026

A formación socialista reuniuse coa Asociación de Veciños San Xosé para analizar as posibles melloras do barrio a través de actuacións en diversas infraestruturas e zonas públicas

Reunión entre Iván Puentes e a Asociación de Veciños San Xosé PSOE Pontevedra

O PSOE de Pontevedra reuniuse este xoves coa Asociación de Veciños San Xosé para analizar as necesidades do barrio de Campolongo e expor solucións ás demandas veciñais.

Tras este encontro, Iván Puentes asumiu a responsabilidade de levar a cabo diversas actuacións nas infraestruturas e as zonas públicas deste barrio da cidade.

Entre as principais demandas dos veciños destacan a necesidade de mellorar a contorna da Praza da Libertade e da Rúa Augusto García Sánchez, unha das reivindicacións máis demandadas nos últimos anos.

Outra das actuacións que asume a formación socialista pasa por manter e pór a punto as zonas verdes do barrio.

Por outro lado, a veciñanza da zona expresou o seu desexo de mellorar a contorna dos pavillóns militares situados entre as rúas Taboada e Manuel del Palacio para mellorar a súa integración no espazo urbano.

Sen dúbida, unha das principais reclamacións por parte dos veciños é a de reformar a contorna do Río Gafos ao seu paso polas rúas Alcalde Hevia e Avenida de Vigo.

Neste sentido, desde a Asociación de Veciños San Xosé reclaman a finalización das escaleiras desde María Vitoria Moreno cara ao parque.

Outras das melloras plantexadas relacionadas con este punto é a de ter a dispoñibilidade plena das parcelas dese ámbito para gañar espazo público.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora