Jacobo Moreira toma posesión do seu escano no Parlamento de Galicia

Pontevedra
14 de xullo 2014

O voceiro do PP solicitou esta mañá no Rexistro municipal que María José Rodríguez e César Abal pasen a contar cunha dedicación parcial no Concello

Jacobo Moreira no Parlamento Parlamento de Galicia

Jacobo Moreira tomou posesión este luns do seu escano no Parlamento de Galicia, en substitución do recentemente elixido novo alcalde de Santiago de Compostela, Agustín Hernández.

Paralelamente, este mediodía deu conta a través do Rexistro do Concello de que deixa de desempeñar o cargo de voceiro municipal do Partido Popular en réxime de dedicación exclusiva.

No comunicado dirixido ao alcalde informa de que designou aos concelleiros María José Rodríguez Teso e César Abal para traballar en réxime de dedicación parcial.

Jacobo Moreira tomou posesión tan só dous días despois de que este sábado fose elixido no novo presidente local do PP de Pontevedra co apoio do 97,4% dos asistentes ao congreso dos 'populares' pontevedreses.