Juan Carlos I, a toda vela en Cuntis

Umia
24 de maio 2016

O rei emérito de España fixo unha parada en Cuntis durante a fin de semana para visitar a fábrica de velas de North Sails, punteira a nivel mundial na fabricación de velas. Tras a visita, a comitiva trasladouse á vila, onde puido comprobar a calidade das súas augas  nas instalacións balnearias

Visita de Juan Carlos I á factoría de North Sails en Cuntis
Visita de Juan Carlos I á factoría de North Sails en Cuntis

A visita do rei emérito de España, Juan Carlos I, ás Rías Baixas para participar en eI Trofeo 6M Almirante Rodríguez Toubes durante a pasada fin de semana non só o levou a localidades na que xa é habitual verlle como Sanxenxo ou Marín. Nesta ocasión tamén fixo unha parada en Cuntis para visitar a fábrica de velas de North Sails. E, aproveitando o desprazamento, coñeceu as instalacións balnearias. 

O rei emérito visitou o sábado a factoría, punteira a nivel mundial na fabricación de velas. Nestas instalacións do polígono industrial da Ran fabricáronse, por exemplo, as velas usadas en barcos que competiron na Volvo Ocean Race e na Copa América.

Na súa visita, estivo acompañado polo accionista maioritario do grupo North Sails, Peter Dubens; o presidente desta compañía en Europa, IB Andersen; o presidente para España, Pedro Campos; o director Xeral de North Sails España, Manuel Lastra; o alcalde de Cuntis, Manuel Campos; e a concelleira Conchy Campos. 

Tras coñecer as instalacións -finalidade da visita-, a comitiva trasladouse ao centro de Cuntis, onde o rei emérito puido comprobar a calidade das súas augas  nas instalacións balnearias.

Dado que dita factoría se atopa entre as máis eficientes a nivel mundial do grupo e nela se frabrican produtos en exclusiva, tras a devandita visita planéase un posible investimento de ampliación da devandita factoría situada en Cuntis.