Juan Carlos I, nova fin de semana de regata e victoria na Ría de Pontevedra

Sanxenxo
19 de xuño 2016

Dous de dous para o rei emérito en Sanxenxo. Se a fin de semana do 22 e 22 de maio se converteu en gañador do I Trofeo 6M Almirante Rodríguez Toubes, esta fin de semana levou a casa o trofeo da primeira edición do Trofeo Viaxes InterRías

Entrega de premios do Trofeo Viajes InterRías, co rei emérito como vencedor
Entrega de premios do Trofeo Viajes InterRías, co rei emérito como vencedor

A participación do rei emérito de España, Juan Carlos I, nas regatas oficiais da clase 6M de vela deixáronlle, ata o momento, o mellor resultado posible. Se a fin de semana do 22 e 22 de maio se converteu en gañador do I Trofeo 6M Almirante Rodríguez Toubes, esta fin de semana levou a casa o trofeo da primeira edición do Trofeo Viaxes InterRías. Leva dous de dous.

A entrega de premios do Trofeo Viaxes InterRías clausurou este domingo esta segunda regata da clase 6M que se disputa en Sanxenxo co 'Gallant' do armador José Cusí e patroneado por Juan Carlos I como vencedor final, seguido do 'Erica' de Violeta Álvarez e o 'Caprice' de José Luis Angoso.

O vento impediu este domingo montar o campo de regatas para o percorrido costeiro que se tería que disputar ao longo da xornada. Si se disputou na xornada inaugural do sábado unha regata costeira en augas da Ría de Pontevedra, na que que se impuxo o 'Gallant'  patroneado polo rei emérito. 

A do sábado foi unha emocionante primeira proba, con man a man incluído e un 'Erica' que se estreaba na frota de 6M e que liderou practicamente toda a regata, ata  no último tramo o 'Gallant' tomou a dianteira para cruzar a liña de chegada cun minuto de vantaxe sobre o clásico armado e patroneado pola venezolana Violeta Álvarez.