O lacón con grelos reina en Cuntis cunha festa para o recordo

Umia
23 de febreiro 2026
Actualizado: 12:56

Ao longo da xornada despacháronse unhas 2.000 racións de lacón, patacas, chourizo e grelos. Foi durante unha festa con numerosas actividades marcadas pola gastronomía e a cultura

Festa do Lacón con Grelos en Cuntis
Festa do Lacón con Grelos en Cuntis / Cristina Saiz

Poucas comidas apetecen máis en pleno inverno que un bo lacón con grelos. E máis se se prepara como en Cuntis, expertos neste prato típico da gastronomía galega.

Así non é de estrañar que a Festa do Lacón con Grelos fora todo un éxito.

Nesta ocasión, o pregoeiro da festa foi o xornalista Alfonso Hermida, que coas súas palabras sobre este produto deu o pistoletazo de saída á degustación, á que asistiron centos de persoas.

Ao longo da xornada despacháronse unhas 2.000 racións de lacón, patacas, chourizo e grelos (ademais de pan, bebida, sobremesa e café).

A todas elas houbo que sumar ademas as ofrecidas en establecementos hostaleiros do municipio, que tamén rexistraron unha gran afluencia.

Durante a comida, a charanga Los Támega amenizou a velada, que tamén contou con xogos populares infantís para entreter aos máis pequenos.

Foi o punto álxido dun día cheo de actividades marcadas pola gastronomía, a cultura e o Velorio do Chapante, un ritual tradicional.

Así, a festa incluíu pasacalles da Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional, unha feira de artesanía e mostras singulares, como "A camelia no lacón con grelos".

A festa finalizou co tradicional Velorio e Enterro do Chapante, o acto simbólico co que Cuntis despediu oficialmente esta época de Entroido.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora