Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, afirma que o goberno municipal dará "todas as facilidades" para mellorar as condicións do IES Valle Inclán ante as obras que está previsto que se inicien de inmediato e que terán unha duración de 16 meses, coa intención de que estean finalizadas a principios do curso 2024/25.
A proposta da Consellería de Educación consiste na instalación de seis módulos que albergarán aulas dobres durante o curso, que serán montados sobre a avenida Montero Ríos.
Segundo explicou o rexedor, que lembrou que el tamén estudou neste instituto pontevedrés, existe o compromiso por parte da Consellería de Educación de realizar esta instalación en outubro, unha vez que finalicen todas as festas e a Gran Final das Series Mundiais de 2023.
Lores aclarou que o alumnado poderá acudir ao instituto se precisan ir ao baño e especificou tamén que os técnicos municipais e os da Xunta terán que analizar as cuestións "técnicas pertinentes" á hora de calcular as limitacións de peso que soporta este espazo sobre o aparcamento subterráneo.
Neste sentido, o rexedor expuxo que na San Silvestre máis de 6.000 persoas ocupan esta superficie correndo sobre ela sen que se rexistraron danos ata o momento.