A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades asinaba este luns a acta de replanteo para dar iniciadas as obras de rehabilitación integral de Institituto pontevedrés IES Valle Inclán.
O investimento ascende a 4,7 millóns de euros e o prazo de execución establécese en 16 meses.
A reforma recolle melloras en eficiencia enerxética, estruturais e funcionais coa intención de lograr un aforro de ao redor do 60% da enerxía que se consome agora neste edificio histórico.
Segundo a Xunta, é o proxecto máis ambicioso de todos os realizados en centros educativos de Galicia nos últimos anos e tamén é a obra máis importante que se executará neste edificio desde os anos 70.
Coa finalización das clases comeza a primeira das cinco fases previstas. Esta primeira actuación durará ata setembro, aproveitando os meses non lectivos do verán. Durante o curso está prevista a instalación de módulos para dar acollida aos estudantes mentres no centro execútanse os traballos.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.