Lores reclama en Suíza que as cidades "avancen" cara un modelo sostible

Pontevedra
16 de setembro 2021

O modelo urbano de Pontevedra foi obxecto de debate nun ciclo de seminarios e conversas organizado na localidade suíza de Xenebra. Ata alí viaxou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que foi o encargado de intervir neste foro de expertos

Participación de Fernández Lores nun seminario celebrado en Xenebra
Participación de Fernández Lores nun seminario celebrado en Xenebra / Concello de Pontevedra

O modelo urbano de Pontevedra foi obxecto de debate nun ciclo de seminarios e conversas organizado na localidade suíza de Xenebra. Ata alí viaxou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que foi o encargado de intervir neste foro de expertos.

O ciclo está organizado polo Banque Cantonale de Genève (BCGE) baixo o nome "L'essentiel de la finance". Nel, Fernández Lores expuxo o modelo implantado na cidade.

Foi unha conferencia bastante específica, baseada en amosar exemplos claros das medidas adoptadas pola Boa Vila para a súa transformación nunha cidade máis amable coas persoas.

O convite partía dun interese básico, que é o de recuperar o centro da súa cidade, para o que buscan novas ideas, estudando outros modelos e proxectos internacionais.

O rexedor pontevedrés explicou a este respecto que "hai que avanzar", que hai que recuperar e encher as rúas de actividades e promover un modelo sostible co medio ambiente, na procura dun futuro mellor para todos os veciños de calquera cidade.

Logo de rematar a súa exposición, Virginie Fauveau, membro do consello executivo do BCGE, destacou o "dinamismo" e o "entusiasmo" demostrado polo alcalde sobre una cidade que definiu como unha urbe "vangardista e sostible".