Maica Larriba ponse ao día no traballo da Policía Nacional e a Garda Civil

Pontevedra
13 de xullo 2018

A subdelegada do Goberno en Pontevedra empezou este venres un percorrido polas distintas instalacións das forzas e corpos de seguridade do Estado na provincia para poñerse ao día da súa actividade e coñecer aos seus responsables, con quen traballará de xeito conxunto nesta nova etapa

Visita de Maica Larriba á Comisaría Provincial da Policía Nacional Policía Nacional de Pontevedra

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, empezou este venres un percorrido polas distintas instalacións das forzas e corpos de seguridade do Estado na provincia para poñerse ao día da súa actividade e coñecer aos seus responsables, con quen traballará de xeito conxunto nesta nova etapa. 

Larriba, que se presentou oficialmente este xoves nun acto público na Subdelegación do Goberno en Pontevedra, empezou o percorrido polas instalacións da capital. Visitou á primeira hora da mañá a Comisaría da rúa Joaquín Costa da cidade e asistiu á reunión de control que o comisario provincial, Manuel Bouzas, mantén cada mañá co resto de mandos policiais.

Segundo informou a Comisaría a través dun comunicado, a subdelegada enxalzou o labor policial e manifestou o seu afán en que o traballo policial sexa coñecido recoñecido por todos os cidadáns de Pontevedra. Considera que debe ter a suficiente repercusión e visibilidade na sociedade.

A subdelegada coñeceu o traballo das diferentes brigadas, destacando o seu interese en temas relacionados coa loita contra a violencia de xénero e os delitos tecnolóxicos, sobre todo, os relacionados cos menores de idade, xa que a educación é a mellor prevención. 

Tras ese encontro, desprazouse ata a Comandancia da Garda Civil, onde se presentou aos mandos das distintas unidades deste Corpo na provincial e participou nunha rolda de prensa xunto ao coronel xefe provincial, Jorge González. A continuación, participou nunha reunión de traballo na que os responsables policiais puxérona ao día do seu traballo.