Marea Pontevedra propón recortar en cultura e festas para crear unha renda social e transporte metropolitano

Pontevedra
13 de decembro 2016

O portavoz de Marea Pontevedra, Luís Rei, informou este martes que a súa formación presentará unha emenda á totalidade aos orzamentos municipais do Concello de Pontevedra xa que entenden que as contas presentadas polo goberno local do BNG son "antidemocráticas, antisociais e clientelares"

Luis Rei, voceiro de Marea Pontevedra
Luis Rei, voceiro de Marea Pontevedra / PontevedraViva

O portavoz de Marea Pontevedra, Luís Rei, informou este martes que a súa formación presentará unha emenda á totalidade aos orzamentos municipais do Concello de Pontevedra xa que entenden que as contas presentadas polo goberno local do BNG son "antidemocráticas, antisociais e clientelares".

Conscientes da dificultade que entraña que esta emenda á totalidade saia adiante, Marea Pontevedra preparou nove de emendas parciais "que contribuirán a facer un orzamento menos malo", dixo Luís Rei.

Marea Pontevedra propón crear unha renda social municipal duns 620 euros durante seis meses para axudar ás familias pontevedresas "alí onde non chega ou Risga", tamén suxiren medidas de fomento da economía social, a adhesión ao Plan de transporte metropolitano de Galicia e as reformas da parroquia de Lourizán e da Praza da castaña.

O financiamento para estas propostas implica o recorte das partidas previstas para outros capítulos. Así, Luís Rei sinalou que o diñeiro se detraería, fundamentalmente, das cantidades destinadas ás festas de verán e da Peregrina, de Cultura e renovación da iluminación.