Marea Pontevedra ve "unha oportunidade" na prórroga no contrato do lixo

Pontevedra
13 de xuño 2017

Para Luis Rei "a prórroga dun ano no contrato do lixo invita a xuntar compostaxe e remunicipalización" do servicio

Luis Rei e Carme Moreira, concelleiros de Marea Pontevedra Mónica Patxot

A decisión do goberno municipal de prorrogar por un ano o contrato de recollida de residuos urbanos supón, para o grupo de Marea Pontevedra, "unha oportunidade".

Así o asegura o portavoz do grupo, Luís Rei, sinalando que "a prórroga dun ano non contrato do lixo invita a xuntar compostaxe e remunicipalización" do servizo.

Recuperar a xestión directa e municipal do servizo de lixos é unha vella reivindicación de Marea.

A pesar da opinión contraria do goberno local, Rei insiste en que "seguiremos traballando para convencer a corporación e ao goberno dos beneficios de avanzar cara a xestión directa dos servizos públicos".