María Jesús Álvarez dirixirá o novo servizo de Cirurxía Plástica de Quirónsalud Miguel Domínguez

Pontevedra
15 de febreiro 2017

Realizará tratamentos individualizados que axudarán a mellorar a calidade de vida de pacientes que superasen un cancro, un tumor ou un accidente con secuelas visibles. Tamén aplicará técnicas de cirurxía estética como a lipotransferencia de graxa do propio paciente para enxerto de tecido graxo ou células nai en zonas que precisen corrección

María Jesús Álvarez, Xefa do Servizo de Ciruxía Plástica de Quirónsalud Miguel Domínguez Quirónsalud

O Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez incorporou a María Jesús Álvarez, cirurxiá plástica con máis de 20 anos de experiencia, para dirixir o novo servizo de Cirurxía Plástica, Reparadora e Estética nunha contorna intrahospitalaria que proporciona maior seguridade aos pacientes.

O novo servizo ofrecerá aos pacientes unha atención especializada e individualizada mediante un asesor persoal que lle acompañará en todo o proceso desde o preoperatorio ata a súa total recuperación. Ademais, realizarase seguimento ao paciente despois de recibir o alta hospitalaria así como as revisións e controis necesarios.

O Hospital Quironsalud Miguel Domínguez amplía así a prestación de tratamentos de cirurxía plástica, tanto reparadora como estética, nos que se ofrecerá o máis adecuado, en función das condicións de cada paciente, sempre dentro da práctica médica avalada polas sociedades científicas.

A cirurxía plástica reparadora ocúpase as enfermidades, malformacións congénitas, traumatismos e problemas adquiridos ao longo da vida. "Mediante técnicas específicas e tratamentos individualizados imos axudar a recuperar a calidade de vida de pacientes que superasen un cancro, unha enfermidade tumoral ou un accidente con secuelas visibles" explica a doutora Álvarez.

"Tamén realizaremos técnicas minimamente invasivas para actuar sobre o envellecemento facial ou corporal, tratamentos cos que o paciente recibirá a alta no mesmo día" sinalou María Jesús Álvarez.