María Ramallo aplaude a compra de Factoría Naval por parte de Nodosa

Marín
25 de novembro 2014

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, celebra á oferta para facerse coa compra de Factoría Naval que realizou Nodosa, estaleiro situado no Porto de Marín. "Agradezo a todas as partes o esforzo, sobre todo á oferta de Nodosa que foi sensible co equipo e soubo ver un horizonte de futuro nun terreo que desenvolve con notable éxito", dixo

Instalacións de Nodosa Nodosa

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, celebra á oferta para facerse coa compra de Factoría Naval que realizou Nodosa, estaleiro situado no Porto de Marín. "Agradezo a todas as partes o esforzo, sobre todo á oferta de Nodosa que foi sensible co equipo e soubo ver un horizonte de futuro nun terreo que desenvolve con notable éxito", dixo.

"ÿ unha boa noticia para Marín e para o Porto", resumiu.

Despois dun "longo e tortuoso proceso, é necesario alegrarse das condicións desta compra", dixo María Ramallo que valorou que a empresa Nodosa coñece á perfección o traballo, o labor do estaleiro e comparte con Factoría Naval vías de carga para a reparación de buques.

María Ramallo recordou que o proceso de Factoría Naval foi "longo, tedioso, e moi complexo" e trasladou o seu desexo de que "os sacrificios que xa se fixeron, sexan para conseguir unha aposta decidida de presente e de futuro para unha empresa punteira para a nosa cidade e para o porto".

Neste punto do "camiño difícil andado ata aqui" a alcaldesa recoñeceu o papel que xogaron diversos actores que mantiveron con vida a Factoría Naval "facendo nalgúns casos esforzos laborais que significaron un enorme sacrificio para todos o traballadores". E cita expresamente os sindicatos CCOO e UGT, representados no comité de empresa, que "souberon afrontar a realidade e ver o futuro cunha gran sensibilidade pero cunha óptica realista".

Neste capítulo tamén sinala ao donselleiro de Economía e Industria a Francisco Conde, ao director do IGAPE, Javier Aguilera e a Xes Galicia.