Marín acomete un programa o pavimentado dos camiños do rural

Marín
20 de outubro 2014

A intervención limitarse a renovación e mellora do pavimento existente, así como a limpeza das cunetas e bordes dos camiños

Asfaltado da barriada da Beneficencia Concello de Marín

O equipo de goberno do Concello de Marín redactou o proxecto que encargou hai varios meses co que se pretende renovar o pavimento existente en determinados camiños do rural así como a reposición dos servizos afectados.

As características básicas das obras incluídas neste proxecto son:

  • A intervención limitarase a renovación e mellora do pavimento existente, así como a limpeza das cunetas e bordes dos camiños.
  • Se adaptarán as rasantes dos elementos das instalación existentes afectados pola nova rasante do pavimento.
  • Controlaranse as escorrentas nos enlaces dos camiños obxecto de intervención que non conten con cunetas que vertan a rede de saneamento de augas pluviais.

 

As vías públicas sobre as que se proxectan as actuacións son as que a continuación se relacionan:

  1. Vial desde a Grela a Bouza na parroquia de San Xulián.
  2. Vial de acceso a Currás na parroquia do Campo.
  3. Vial de acceso a Praia do Santo na parroquia de Ardán.
  4. Camiño de Aguete na parroquia de Seixo.
  5. Vial de acceso a Fixón na parroquia de Santo Tomé.
  6. Vial dende a Cancela o núcleo do Igresario na parroquia de Santo Tomé.
  7. Vial de acceso a Aniñada na parroquia de Mogor.
  8. Vial en O Xuncal na parroquia de Ardán.
  9. Camiño do Barrio na parroquia de Seixo.

 

O presuposto de execución por contrata é de 175.866,30 euros.

A intención do goberno local era a de buscar financiación para poder levar o proxecto a cabo o longo do ano coa axuda de outras administración. Esto se conseguiu coa inclusión do mesmo nun plan de inversións que financia para o concello a Deputacion de Pontevedra.

O concello considera prioritario un proxecto destas características co obxetivo de mellorar o estado da rede viaria municipal e o mesmo tempo intentar satisfacer moitas das demandas presentadas polos veciños que viven nas sete parroquias do rural de Marín.