Marín deseña un "verán para vivilo"

Marín
21 de xuño 2022

“Vive o verán, vive Marín” é o eslogan elixido para toda a programación festiva da vila mariñeira que xa comeza polo San Xoán e abrangue ata finais de agosto

A concelleira de Festas de Marín, Marián Sanmartín, presenta o programa das festas de verán
A concelleira de Festas de Marín, Marián Sanmartín, presenta o programa das festas de verán / Concello de Marín

En Marín están convencidos de que o seu verán é "para vivilo". Baixo o lema "Vive o verán, vive Marín", a concelleira de Festas, Marián Sanmartín, presentou o programa lúdico, cultural e festivo deseñado polo goberno local para a época estival.

"Temos todos os ingredientes perfectos para desfrutar desta época na nosa vila, cunha programación extensa e intensa na que levamos meses traballando". A actividade comeza o 23 de xuño, coa celebración do San Xoán, no que xa hai rexistradas máis de 150 cacharelas privadas, ademais do tradicional foleón de Cantodarea e a fogueira pública da Asociación de Veciños de Mogor.

A partir de entón, o número de citas ineludibles son incontables. Os eventos máis interesantes son os seguintes, pero os interesados en coñecer todos os detalles do extenso programa poden facelo premendo nesta ligazón.

  • Do 1 ao 3 de xullo: Concentración moteira
  • Do 9 ao 10 de xullo: Feira de Viños da IXP do Morrazo na Alameda.
  • Martes, 12 de xullo: Batallla de flores nocturna (22.30 horas)
  • Mércores, 13 de xullo: Espectáculo Musical París de Noia na Praza de España (22.30 horas)
  • Xoves, 14 de xullo: Espectáculo Musical Panorama na Praza de España (22.30 horas).
  • Venres, 15 de xullo: Gala Xacobeas en concerto na Praza de España (22.30 horas)
  • Sábado, 16 de xullo: Procesión da Virxe do Carme (19 horas) e gran tirada de fogos de artificio (00 horas).
  • Do 29 ao 31 de xullo: Rilla na Rúa no Paseo Alcalde Blanco
  • Sábado, 20 de agosto: Festa Corsaria
  • Sábado, 27 de agosto: Festa de Loira