Marín e Sanxenxo recollen en Santiago as bandeiras de Sendeiros Azuis

Marín
24 de febreiro 2023

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolleu este venres o acto de entrega de bandeiras de Sendeiros Azuis, un importante distintivo que desmuestra a calidade de roteiros, importancia medio ambiental e compromiso dos municipios  

Representantes do Concello de Sanxenxo Concello de Sanxenxo

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolleu este venres o acto de entrega de bandeiras de Sendeiros Azuis, un importante distintivo que desmuestra a calidade de roteiros, importancia medio ambiental e compromiso dos municipios.

Entre os galardoados con esta distinción estaban o Concello de Sanxenxo e o de Marín, representados por parte do primeiro polo alcalde Telmo Martín e o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza, e as concelleiras de Medio Ambiente e de Turismo, Marían Sanmartín e Cristina Acuña polo segundo.

O acto estivo presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, que destacou o número de carreiros con esta certificación que ten Galicia. Ademais, un xurado de máis de 20 profesionais e expertos nacionais e internacionais verificaron os criterios para a concesión dos distintivos.

Neste sentido, Sanxenxo recolleu o distintivo para os seus sete roteiros de algo máis de 30 quilómetros para os sendeiros que unen Sanxenxo e Portonovo, o de Canelas e Punta Cabicastro, o que une Montalvo e Major, o carreiro máxico da Lanzada, o Sendeiro Litoral Areas-Punta Festiñanzo e o roteiro interior de Aldariz. Agora, o obxectivo é ampliar esta cifra en 2024 co Roteiro de Dorrón unha vez estea concluído. O municipio tamén ostenta, polo momento, o liderado español en bandeiras azuis con 17 praias, pero o fallo do xurado da Adeac para este ano coñecerase máis adiante.

Pola súa banda, as representantes do Concello de Marín recolleron a certificación para a Ruta de Montes e Praias, a Ruta dos Cinco Miradoiros e o Vial de Praias.

O obxectivo xeral deste programa de educación ambiental é recoñecer os esforzos realizados por municipios e outras entidades competentes na posta marcha de camiños interpretativos que recuperan espazos naturais, establecen unhas liñas de xestión ambiental que favorecen a súa conservación e desenvolven un plan para a interpretación do seu patrimonio natural e cultural. Todo isto, ligado á realización de actividades de lecer e deportivas que se relacionan coa educación ambiental e o fomento dunha actividade turística sostible.