Marín pecha praias, canchas deportivas ao aire libre e parques infantís das parroquias

Marín
14 de marzo 2020

O teléfono da Xefatura da Policía Local é un punto de atención á cidadanía moi importante que está sendo moi utilizado, polo que se reforzará a atención telefónica para poder atender correctamente a todas aquelas persoas que precisen utilizar esta vía de comunicación 

Peche das baixadas ás praias de Marín para frear o coronavirus
Peche das baixadas ás praias de Marín para frear o coronavirus

O Concello de Marín decretou o peche das baixadas ás praias do municipio, dos parques infantís situados nas parroquias (os do centro urbano xa estaban pechados desde este venres) e as canchas deportivas que hai ao aire libre.

As actuacións realizáronse en coordinación ca Policía Local, que tamén trata de de velar polo cumprimento expreso das medidas decretadas pola Xunta de Galicia e polo Ministerio de Sanidade para afrontar a crise sanitaria provocada polo coronavirus, unha crise que precisa da implicación individual, actuando con responsabilidade e cumprindo estritamente con todas as recomendacións.

O teléfono da Xefatura da Policía Local é un punto de atención á cidadanía moi importante que está sendo moi utilizado, polo que se reforzará a atención telefónica para poder atender correctamente a todas aquelas persoas que precisen utilizar esta vía de comunicación.

O Concello e a Policía instan á cidadanía e aos establecementos afectados polas novas medidas adoptadas a cumprir con todo o establecido.