Medra un 3,30% o movemento de mercancías no Porto de Marín nos primeiros sete meses do ano

Marín
30 de agosto 2022

O tráfico de mercancías neste mes de agosto, malia non estar pechado, tamén apunta a un incremento. A Autoridade Portuaria fai un balance positivo da evolución da actividade en relación aos datos obtidos en 2021

Embarcación de tráfico de mercancías no Porto de Marín Autoridad Portuaria de Marín - Ría de Pontevedra

No primeiros sete meses deste 2022, o Porto de Marín ofreceu un crecemento do 3,30% en movemento de mercancías en comparación co ano anterior durante ese mesmo período.

O tráfico de mercadorías en agosto, segundo indican desde a Autoridade Portuaria, aínda non se atopa pechado pero xa apuntan un incremento. Desta forma, a dirección do Porto considera que se confirma a tendencia positiva na evolución da actividade portuaria respecto ao ano 2021.

Entre xaneiro e xullo aumentaron os graneis sólidos, que subiron un 9,5%. A este aumento contribuíron as descargas de cereais, fariñas, pensos e forraxes, o crecemento de capítulo de madeiras e cortiza.

Tamén se rexistra un considerable incremento na mercadoría en contedor, que sobe un 2,25%, con aumento do volume de operativas de peixe conxelado e refrixerados, produtos siderometalúrxicos ou ferramentas e maquinaria, entre outros elementos.

Ademais, tamén se rexistra un crecemento continuado da pesca fresca, que se sitúa nun 16,6% por encima das cifras do ano pasado.

Por último, desde a Autoridade Portuaria afirman que neste ano se rexistra un aumento do 15% do número de buques mercantes que fan escala para realizar operacións nas instalacións portuarias.