Mini pizzas con ventrecha de atún claro Pescamar

Poio
07 de xuño 2025

Unha receita ideal como aperitivo ou primeiro prato, coa que aproveitaremos todos os beneficios da ventrecha de atún claro de Conservas Pescamar

Mini pizzas Vecteezy

A serie "A cociña gourmet en conserva" ofrécenos unha receita ideal como aperitivo ou primeiro prato, coa que imos aproveitar todos os beneficios da ventrecha de atún claro de Conservas Pescamar.

O atún claro destaca pola súa achega en proteínas de gran valor biolóxico e o seu alto contido en Omega-3. O nome de 'ventrecha' refírese á zona do ventre do atún, a parte máis tenra e saborosa deste túnido.

Ventrecha de Atún Claro en aceite de oliva PescamarConservas Pescamar

Para preparar estas apetecibles Mini pizzas con ventrecha de atún claro Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes (para 4 persoas):

  • 1 lámina de masa fresca para pizza (aproximadamente 250 g)
  • 2 latas de Ventrecha de Atún Claro en aceite de oliva Pescamar
  • 100 g de salsa de tomate natural
  • 150 g de queixo mozzarella relado
  • 50 g de olivas sen óso negras
  • 1 cebola pequena (uns 50 g)
  • 1 cullerada de aceite de oliva virxe extra (15 ml)
  • Sal e pementa ao gusto
  • Ourego seco

Elaboración:

Prequentamos o forno a 220°C (modo arriba e abaixo).

Mentres, preparamos as bases. Para iso, estendemos a lámina de masa fresca sobre unha superficie chá. Picámola cun tenedor para evitar que se infle no forno. Cun molde (ou un vaso de tubo) imos marcando e separando as porcións que desexemos para obter mini bases. Colocámolas na reixa do forno, apoiada sobre unha bandexa.

Picamos en xuliana fina e cociñamos a cebola nunha tixola co aceite de oliva ata que estea transparente (uns 3-5 minutos).

Escorremos a ventrecha de Atún Claro en aceite de oliva Pescamar, reservamos o aceite e esmiuzamos en pequenos anacos.

Cortamos en rodas as olivas.

Para montar as mini pizzas, sobre cada base, repartimos a salsa de tomate deixando un pequeno bordo. Engadimos unha capa de cebola, os anacos de ventrecha de atún claro, as olivas e o queixo mozzarella relado.

Asperxemos suavemente cun pouco do aceite de oliva da lata que reservaramos e empoamos cun pouco de sal, pementa e ourego.

Levamos ao forno prequentado durante uns 12-15 minutos, ou ata que o queixo estea fundido e dourado.

Servimos quente.

En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.

Mini pizzasVecteezy