O miradoiro de Samieira, en Poio, está en perfecto estado de revista para o verán e o aumento de visitantes.
O Concello de Poio acaba de realizar obras de acondicionamento co obxectivo de mellorar e poñer en valor este espazo emblemático, que ofrece unha vista privilexiada sobre a ría de Pontevedra e a Illa de Tambo.
A actuación incluíu a limpeza integral da contorna, o pintado e renovación de elementos deteriorados, a substitución de losetas en mal estado e a construción dun bordo de pedra perimetral para evitar a proliferación de maleza e garantir un mellor mantemento futuro.
Os traballos contaron coa colaboración da comunidade de montes de Arén e dos axentes forestais da Xunta.
Estas actuacións buscan non só mellorar a estética do espazo, senón tamén incrementar a súa funcionalidade e seguridade para o uso público.
O miradoiro conta cunha pequena edificación cun arco romano de pedra na entrada, que semella ás ruínas dunha antiga ermida, que o converte nun punto de interese tanto para a veciñanza como para os visitantes.
Esta intervención forma parte do plan de mantemento e mellora de espazos públicos que o Concello está a desenvolver en todo o municipio.
O obxectivo de coidar e revitalizar o patrimonio, garantir espazos seguros e agradables e seguir facendo de Poio un concello atractivo, sostible e con mellores servizos para todos.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.