Moraña modernizará as instalacións do campo de herba natural de Mirallos

Umia
27 de abril 2021

O alcalde de Moraña, José Cela, asinou estes días a Addenda ao Convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, para a remodelación integral do Campo de Fútbol de herba natural de Mirallos, cun investimento de máis de 500.000 euros

Campo de Fútbol de herba natural de Mirallos Concello de Moraña

O alcalde de Moraña, José Cela, asinou estes días a addenda ao convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, para a remodelación integral do campo de fútbol de herba natural de Mirallos, cun investimento de máis de 500.000 euros.

Esta addenda ao convenio, é necesaria para volver iniciar o proceso de licitación das obras, debido a que a empresa adxudicataria renunciou á execución das obras.

Este proxecto contempla a remodelación dos vestiarios e bancadas, as cales se dotarán con 300 asentos, a construción dun edificio auxiliar para ximnasio e cafetería acristalada e a creación dun circuíto perimetral de atletismo.

Segundo valora o goberno local, "a execución deste ambicioso proxecto poderá dotar a Moraña dunhas instalacións modernas que permitan que o campo de fútbol de herba natural de Mirallos, conte con espazos actualizados e de acorde ás novas necesidades, deixando no recordo as súas obsoletas instalacións con máis de 30 anos de antigüidade".