Moraña reclama a colaboración da Xunta para recuperar a área recreativa de Pontenova e Pontebrións

Umia
06 de outubro 2020

Luisa Piñeiro volveu a casa. A Moraña. Desta volta, xa non como alcaldesa, senón como delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra. Fíxoo para analizar co seu substituto, José Cela, as demandas que desde o municipio se lle queren trasladar ao goberno galego

Luisa Piñeiro con José Cela e concelleiras do grupo de goberno en Moraña
Luisa Piñeiro con José Cela e concelleiras do grupo de goberno en Moraña / Xunta de Galicia

Luisa Piñeiro volveu a casa. A Moraña. Desta volta, xa non como alcaldesa, senón como delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra. Fíxoo para analizar co seu substituto, José Cela, as demandas que desde o municipio se lle queren trasladar ao goberno galego.

A este respecto, o alcalde pediu o reforzo do firme de dúas estradas autonómicas, a PO-226 e a PO-221, así como a construción dun paso de peóns fronte ao local social de Alende.

Entre outros proxectos, Cela tamén solicitou o apoio da Xunta para a recuperación da zona da área recreativa de Pontenova e Pontebrións.

Ambos responsables políticos analizaron durante a xuntanza a posta en marcha inminente dos traballos do campo de fútbol do concello, así como o remate das obras do local social de Alende, executadas cunha subvención da Consellería de Política Social duns 200.000 euros.