Morre unha muller en Alba atropelada por un vehículo agrario

Pontevedra
25 de abril 2025

O persoal médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, trasladados ao momento do atropelo -dentro dunha leira privada-, só puido confirmar a morte da vítima

Lugar de Guxilde, en Alba Pontevedra Viva

Unha muller faleceu este venres en Pontevedra tras ser atropelada por un vehículo agrario, un motocultor que traballaba dentro dunha leira privada.

O accidente produciuse minutos despois das 13:45 horas no lugar de Guxilde, na parroquia pontevedresa de Alba, segundo informou o 112 Galicia.

O persoal médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, trasladados ao momento do atropelo, só puido confirmar a morte da vítima.

Desde o 112 Galicia mobilizaron ademais a axentes da Policía Local e da Policía Nacional, que se fixeron cargo da investigación deste suceso.