Co inicio das vacacións escolares unha nova proposta lúdica para os máis pequenos da casa entra en escena na programación festiva de Pontevedra, o Nadal Xogos.
O Recinto Feiral abrirá as súas portas desde este venres 22 de decembro e ata o 7 de xaneiro con esta actividade, que inclúe obradoiros, contacontos, inchables e xogos tradicionais.
O seu horario será de 16.30 a 20.00 horas excepto os días 25 de decembro e 1 de xaneiro, que permanecerá pechado.
Tamén abre, ata o 4 de xaneiro, a carpa de xogos instalada na Alameda, que terá un horario de 12.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas e actividades para nenos e nenas de 0 a 12 anos.
Ademais este venres 22 de decembro o séquito de Papá Noel percorrerá as rúas do centro histórico a partir das 17.00 horas.
A todo iso súmanse as propostas do Ganapán no Mercado de Abastos, onde chega tamén o día 22 o 'Merca no Barrio' a partir das 16.30 horas para crear unha carta para Papá Noel e a manualidade de Papá Noel con discos de algodón. Á mesma hora no barrio da Parda haberá animación de rúa, cinema de Nadal e un obradoiro, mentres que o barrio de Monte Porreiro contará cun concerto de panxoliñas de Banda de Música de Pontevedra a partir dás 19.00 horas.