Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, destaca o interese que o belén de Moraña esperta nos visitantes

Umia
10 de decembro 2022

A representante da administración autonómica destacou o pulo turístico e cultural que supón para Galicia iniciativas como a elaboración deste belén tradicional. A Carballeira de Santa Lucía tamén ofrece unha imaxe espectacular para os escolares coa presenza da Aldea de Nadal, elaborada por participantes no obradoiro de emprego

Iluminación e belén artesanal do Nadal 2022 en Moraña Concello de Moraña

Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, inauguraba este sábado unha nova edición do Belén de Moraña, acompañada polo alcalde José Cela e o arcebispo Julián Barrio, ademais de residentes no municipio que querían observar toda a decoración das festas, ademais da nova recreación artesanal do Belén realizada integramente a man pola Asociación de Mulleres Rurais no Multiusos.

Neste encontro, Nava Castro destacou o impulso que desde o punto de vista turístico e cultural achega para Galicia este tipo de iniciativas creativas coa elaboración dun belén tradicional. 

Castro entende que supón un elemento dinamizador da vida local e un gran reclamo turístico ao mesmo tempo que axuda a poñer en valor os monumentos e as tradicións populares.

A representante da administración autonómica lembrou que Galicia conta cunha gran tradición belenística con mostras nas catro provincias destacando o Belén electrónico de Begonte, en Lugo, ou o Belén artesanal de Valga, en Pontevedra, ambos os declarados Festas de Interese Turística de Galicia.

A Banda de Música Nova Lira de Moraña foi a encargada de amenizar os actos con panxoliñas típicas durante o acendido das luces e a Coral Voces Novas tamén interpretou varias pezas. A Carballeira de Santa Lucía tamén ofrece unha imaxe espectacular para os escolares coa presenza da Aldea de Nadal, elaborada por participantes no obradoiro de emprego.