Sito Miñanco continuará en prisión. A petición do narcotraficante pontevedrés, que solicitara a súa excarceración ao considerar que o coronavirus era un risco para a súa actual situación de saúde, foi desestimada pola xustiza.
A Audiencia Nacional entende que, a pesar do estado de alarma decretado polo coronavirus, mantense a existencia do risco de fuga se Miñanco abandona o cárcere.
O narcotraficante, que actualmente ten 64 anos, está en prisión tras ser detido en febreiro de 2018 nunha macrooperación policial despregada en varias cidades españolas.
No escrito presentado ante a xustiza, Sito Miñanco alegaba que pertence a varios grupos de risco e que a súa estancia en prisión non podería garantir a súa saúde se contrae a enfermidade en prisión.
Ademais, explicaba que durante o confinamento tiña un domicilio fixo no que residir ou que España enteira é unha "prisión" nestes momentos para os seus habitantes, polo que non había ao seu xuízo risco algún de fuga.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.