A xunta reitora do Instituto Municipal de Deportes (IMD) aprobou este martes unha nova prórroga na concesión das piscinas de Campolongo á empresa Serviocio.
Esta prórroga outórgase por un máximo dun ano pero "agardamos que o tempo sexa menor", sinalou a concelleira Anxos Riveiro, xa que nese período de tempo debe resolverse o concurso para a nova adxudicación do contrato, que incluirá unha reforma das instalacións.
Antes deste punto, a xunta reitora aprobou tamén o plan de viabilidade para a nova concesión, realizado polos técnicos municipais e que agora sairá a exposición pública.
A prórroga da concesión se aprobouse coa abstención dos representantes de PP, PSOE e Marea e o voto contrario de Cidadáns. Precisamente desde esta formación política aseguraron non entender que "se empiece a trabajar en los nuevos pliegos un mes antes de la finalización de la última prórroga ilegal concedida".
Pola súa banda, o concelleiro popular César Abal sinalou que "no se tuvo en cuenta ninguna de las denuncias del Partido Popular", polo que lamentou a "actitud dictatorial" do grupo de goberno.