Coa chegada das altas temperaturas do verán facíase imprescindible actualizar o sistema de climatización do Multiusos de Arcade.
O goberno local do Concello de Soutomaior indica que o anterior sistema permanecía obsoleto e era pouco eficiente, despois de máis dunha década sen funcionar de maneira correcta.
Nas últimas horas instalábase un novo equipo para optimizar a eficiencia enerxética e reducir o consumo deste tipo de aparellos.
Pablo Garrido, concelleiro de Urbanismo, explicaba que a nova instalación permite a incorporación de novos aparellos para "mellorar o rendemento da mesma no caso de ser necesario".
Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior, acompañaba ao concelleiro para comprobar o sistema de climatización e sinalaba que o anterior equipo "facía imposible realizar actividades no Multiusos nos días de máis calor do ano".
Remarcou que o novo elemento permite o desenvolvemento das actividades con público a través dun sistema sostible e eficiente.