O paso de peóns que existe entre A Revolta e a praia da Lanzada, na zona de Noalla (Sanxenxo), contará este verán cun novo sistema para regular a convivencia co tráfico rodado.
Segundo anunciou o goberno municipal de Sanxenxo, o controvertido semáforo das Salinas, que ordena o tráfico nesta zona, estreará funcionamento a partir deste venres.
O obxectivo é equilibrar mellor os tempos de espera de vehículos e peóns para favorecer a fluidez de tráfico e garantir a seguridade viaria.
Até agora, o semáforo estaba en ámbar todo o tempo e era necesario pulsalo para que pasase a verde para os peóns e vermello para os vehículos.
A partir de agora estará sempre en verde para vehículos e porase en vermello cando pulse o peón, que terá quince segundos para cruzar.
O intervalo entre cada pulsación do peón deberá ter unha espera de, polo menos, tres minutos para que se poña de novo en verde.
Con estes cambios, o Concello espera poder conxugar mellor as necesidades dos peóns e, ao mesmo tempo, non atascar a circulación nun punto sensible da rede viaria.