O BNG convoca en Pontevedra unha asemblea aberta de cargos públicos contra "a estafa das peaxes"

Pontevedra
21 de decembro 2017

Se celebrará no concello de Pontevedra o 27 de decembro para congregar a responsables políticos locais e municipais, do Parlamento, deputacións e concellos afectados e mandarlle unha mensaxe clara ao PP: "Galicia non está para seguir engordando os beneficios de Audasa"

Ana Pontón, voceira nacional do BNG BNG

O BNG considera que e necesario incrementar a presión política e social para frear a subida das tarifas e desbloquear a transferencia da AP9. Para iso, a portavoz nacional, Ana Pontón, avanzou a convocatoria dunha asemblea aberta de cargos públicos que se celebrará no concello de Pontevedra o 27 de decembro.

Buscan congregar a responsables políticos locais e municipais, do Parlamento, deputacións e concellos afectados e mandarlle unha mensaxe clara ao PP: "Galicia non está para seguir engordando os beneficios de Audasa", indicou Pontón.

Esta asemblea é aberta e con vocación de sumar, e a propia Pontón así llo trasladou previamente aos responsables políticos de En Marea e PSdeG, Luís Villares e Gonzalo Caballero, "porque queremos sumar forzas para frear este novo abuso contra os galegos e galegas".

Será con tres reivindicación concretas: substituír o incremento das peaxes de 2018 por descontos e bonificacións, levantar o veto á transferencia e demandar que Audasa ou o Estado asuman o custe das obras de ampliación.

A dirixente do Bloque foi moi crítica coa "submisión" do presidente da Xunta que "volveu evidenciarse na visita do ministro de Fomento, Íñigo de la Serna". "Feijóo preferiu collerse do ganchete do ministro antes que defender os intereses dos e das galegas", denunciou, "é cómplice do aumento dunhas peaxes que xa supoñen unha estafa".

A portavoz nacional tamén rexeitou o incremento progresivo das tarifas.