O grupo do BNG no Parlamento galego propón á Xunta a apertura de un proceso de diálogo coa Deputación de Pontevedra para estudar a posibilidade de colaborar no desenvolvemento do plan Revitaliza e amplialo ao resto do territorio galego.
Ademáis os nacionalistas presentaron outra proposición non de lei coa que pretenden que a Cámara inste á Xunta a establecer a compostaxe (domiciliaria, comunitaria e en planta) como sistema universal de tratamento da fracción orgánica dos residuos urbanos no horizonte do primeiro trimestre do ano 2019, coa finalidade de cumprir o obxectivo de reciclaxe do 50% dos residuos antes de 2020.
Con este obxecto, instan a aprobara as modificacións legais e normativas oportunas.
Por outra banda, o BNG quere explicacións á resposta que a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático deu o pasado xoves 22 de marzo ao deputado do PP, Jacobo Moreira, na que afirmou que o concello de Pontevedra non contaba con autorización para a instalación de composteiros comunitarios.
Neste sentido o BNG agarda aclaracións sobre que normativa comunitaria, estatal ou galega é de aplicación para a instalación de composteiros comunitarios.
Tamén busca un posicionamento do goberno galego sobre o plan de compostaxe que está a impulsar a Deputación de Pontevedra e numerosos concellos desta provincia, entre outras cuestións.