Dentro do Plan de Mellora de camiños emprendido polo Concello de Marín nas distintas parroquias do rural iniciouse unha primeira actuación na Aniñada en Mogor.
O equipo de goberno está a executar esta actuación a través do Plan de financiamento de investimentos que subvenciona integramente a Deputación de Pontevedra.
A empresa E.C.Casas é a adxudicataria da licitación realizada e xa iniciou os seus traballos.
Os veciños levaban tempo solicitando esta mellora nun camiño que necesitaba unha reparación urxente. O acondicionamento destes foi levado a cabo observándose unha gran mellora.