O Concello de Bueu manterá as actividades do taller de memoria para maiores desde casa e ata o mes de xuño. Desta forma, desde este luns 4 de maio iniciábase a repartición do material. Persoal do centro de día Contigo e Pescadoira, encargados dos talleres, organizáronse para efectuar a repartición de maneira que os setenta e dous usuarios poidan seguir coa actividade estes dous meses.
A previsión é que despois do verán, no mes de setembro renóvense estes talleres de forma presencial e como se facía con anterioridade ao estado de alarma, tanto no Centro Social do Mar como na Casa do Pobo de Beluso. A concelleira delegada de Benestar Social, Macu Rodríguez, sinalaba que estes talleres "forman parte das política que implementamos para aumentar a calidade de vida das persoas maiores, así como para ofrecerlles novas actividades e mellorar as súas relacións sociais".
O material que se entrega aos usuarios inclúen actividades de debuxo, prácticas cognitivas e de traballo de memoria. Desde os centros de día están a constatar a satisfactoria acollida da iniciativa municipal e a "alegría dos participantes ante esta decisión".