O Concello de Pontevedra saca a concurso o novo contrato de mantemento de xardíns

Pontevedra
10 de decembro 2014

O importe do contrato é de 730.598 euros, por un período de catro anos. En total 2.922.392 euros. Isto é preto dun 40% máis caro respecto ao contrato actual (de 525.000 euros)

Operario do servizo e mantemento de xardíns de Pontevedra Mónica Patxot

Este mércores celebrouse unha Xunta de Goberno Extraordinaria do Concello de Pontevedra para aprobar o expediente do mantemento e conservación das zonas axardinadas e arboredo viario do municipio de Pontevedra.

O Goberno local quere darlle a "máxima axilidade" a este concurso para que sexa publicado nos boletíns oficiais e empecen a contar os prazos para todas aquelas empresas que se queiran presentar a licitación.

ÿ preto dun 40% máis caro respecto ao contrato actual

O importe do contrato é de 730.598 euros, por un período de catro anos. En total 2.922.392 euros. Isto é preto dun 40% máis caro respecto ao contrato actual (de 525.000 euros).

Actualmente este servizo esta adxudicado á empresa Elsamex dende o ano 2006. O contrato con esta firma foi prorrogado en dúas ocasións e dende o ano 2012 continúa de forma irregular, unha circunstancia que o Partido Popular trasladou á Fiscalía. O novo contrato "incrementará substancialmente" o diñeiro destinado a mantemento mentres que non se modifican os cartos destinados aos investimentos por parte da empresa adxudicataria.

Ademais de elevar ata as 88,2 hectáreas as zonas verdes a coidar por parte da nova empresa, introdúcense algunhas outras novidades no novo contrato como son o mantemento e reposición do arboredo viario, as rotondas ou a intensidade do traballo nalgunhas zonas como a Illa do Cobo ou a Xunqueira de Alba. En canto ao persoal, o prego considera a subrogación dos trece traballadores actuais.

Ao informar deste asunto o voceiro do goberno local, Raimundo González, explicou que en "calculamos que nun período de tres meses" poidan estar todas as ofertas presentadas para poder valoralas e adxudicar o contrato.

Raimundo González indicou que a folla de ruta que ten o goberno local non se alterou a raiz de que o PP denunciase esta situación irregular na Fiscalía. O voceiro municipal insistiu en que o contrato con Elsamex se prorrogou polo aforro económico que supuxo esta decisión.

Arquivado en