O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, anunciou este martes que se vén de adxudicar o proxecto de renovación e colocación de novoa puntos de luz do alumeado público no casco urbano de Seixo.
En concreto, actuarase sobre 78 luminarias no Camiño Vello, desde a estrada Grupo Escolar a Don Román Pintos Lusquiños, tamén na estrada do Grupo Escolar, na rúa María González Rubido, na estrada da Torre (Seixo de Abaixo), e dende a Ponte Guimeráns ata a unión coas Abesadas.
O goberno local salienta que este proxecto é preciso para continuar coa senda de renovación das luminarias de todo o termo municipal para que pasen a ser de tecnoloxía LED.
O contrato será executado pola empresa Elektron SL, e suporá unha inversión de 37.954 euros, cofinanciados polo Fondo de Compensación Medio Ambiental, de Vicepresidencia da Xunta de Galicia.