O Conservatorio de música Manuel Quiroga tamén opta aos premios Cidade de Pontevedra

Pontevedra
08 de xaneiro 2014

Presentouse a súa candidatura en tempo e forma, pero foi traspapelada no Departamento de Cultura, cando se pechaba o rexistro municipal. O Conservatorio de Música Manuel Quiroga é, polo tanto, o sexto e último candidato para os premios Cidade de Pontevedra. Foi proposto pola Coral Polifónica de Pontevedra, co obxectivo de que sexa recoñecida a súa histórica traxectoria. Cumpriu en 2013 o seu 150 aniversario

Concerto de inicio de curso no Conservatorio de Música Manuel Quiroga Diego Torrado

Presentouse a súa candidatura en tempo e forma, pero foi traspapelada no Departamento de Cultura, cando se pechaba o rexistro municipal. O Conservatorio de Música Manuel Quiroga é, polo tanto, o sexto e último candidato para os premios Cidade de Pontevedra. Foi proposto pola Coral Polifónica de Pontevedra, co obxectivo de que sexa recoñecida a súa histórica traxectoria. Cumpriu en 2013 o seu 150 aniversario.

ÿ o terceiro candidato presentado na categoría de persoas xurídicas. Os outros dous:

  • Club Cisne Balonmano, proposto pola Sociedad Gimnástica e apoiado por Fundación Amigos do Camiño Portugués a Santiago, Agrupación Deportiva Chan do Fento, Leis Pontevedra F.S., Asociación Amigos de Pontevedra, Asociación Cultural Deportiva Campañó, Asociación Cabalar do Monte de Campañó, ANPA CEIP Parada de Campañó e a Cofradía de Nuestro Padre Jesús con la Cruz a Cuestas.
  • Rotary Club, a proposta de Cáritas e que conta co apoio de Aempe, Asociación Xuntos e AFAPO.

 

En canto ás persoas físicas tamén son tres os candidatos:

  • ÿscar Graña Blanco, a proposta da Federación Galega de Piragüismo cos apoios do Club Naútico de Pontevedra, Fisionova Fisioterapia e Osteopatia e Club Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra.
  • Xosé Fortes Bouzán, proposto pola Federación de Asociacións de Veciños Teucro.
  • Javier Munáiz Puig, a proposta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, cos apoios do Colexio de Procuradores de Pontevedra, do Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de edificación de Pontevedra, do Colexio de Avogados de Pontevedra, da Asociación Amigos de Pontevedra e da Pena da Boina.

 

Todas as propostas presentadas serán analizadas polo xurado do premio o vindeiro luns 13 de xaneiro ás 13.00 horas, nunha reunión que se celebrará na sala de comisións do Concello de Pontevedra.