O contrato das piscinas de Campolongo será prorrogado para evitar o peche

Pontevedra
09 de decembro 2014

Agustín Fernández espera que na primavera de 2015 estea todo listo para que empece a nova concesión e as obras

Piscina do Centro Deportivo Campolongo Serviocio

O contrato das piscinas de Campolongo será prorrogado de novo, segundo informou o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández.

Os pregos do novo contrato de concesión están rematados á espera dos informes do Secretario e da Interventora. "Esperemos que estén listos esta semana para poder sacarlos a concurso al final de la semana que viene", indicou o edil. Estes pregos incluirán a construción e xestión do centro lúdico deportivo da Parda.

Segundo explicou o edil socialista, "esto implica que impepinablemente vamos a tener que realizar una nueva prórroga hasta el momento de la formalización del contrato para evitar el cierre de las piscinas". Nas instalacións de Campolongo traballa un equipo de 45 persoas para atender a máis de 2.500 usuarios.

Agustin Fernández espera que na primavera de 2015 estea todo listo para que empece a nova concesión e as obras.

Aínda que dependerá da empresa que execute as obras o previsible é que o peche das piscinas de Campolongo se produza en verán xa que é o momento de menos actividade. "Dependerá de la adjudicataria", pero espérase que as obras se acometan por fases unha cun peche total e outra na que se permita "un uso parcial de las instalaciones".

Ademais da subrogación a intención do concelleiro de Deportes é que os pregos establezan "todas las cautelas" para que se manteña e consolide o emprego na piscina  "y en la medida de lo posible se mejore".