A concelleira de Festas, Carme da Silva, anunciou que o equipo de goberno está a estudar aspectos relacionados co contrato que se mantén coa familia Lozano propietaria da Praza de Touros, para a súa renovación prevista para mediados de 2015, cando finalice o convenio actual.
Da Silva indicou que "se está a analizar" pero non quixo detallar que cambios poderían producirse no novo convenio e engadiu que durante os últimos anos houbo modificacións en relación co uso que se fai da praza por parte do Concello de Pontevedra.
A responsable de festas non quixo referirse á petición de firmas que a través da páxina de Change na que a Asociación Animalista Libera solicita a supresión do convenio de colaboración da Praza de Touros. No momento de elaborar esta información suman xa un total de 7.944 firmas.
Carme da Silva insistiu en que o recinto taurino é utilizado polo Concello para numerosas actividades durante a Feira Franca, o Entroido, a Festa Cabalar ou para gardar animais da Cabalgata de Reis.