A xunta de goberno do Concello de Pontevedra decidiu adherirse aos dous recursos que presentou a Asociación pola defensa da ría (APDR) en contra da decisión da Xunta de Galicia de actualizar as autorizacións ambientais integradas para Ence e para Elnosa.
Esta concesión realizada pola Consellería de Medio Ambiente realizábase en decembro de 2013 e a APDR presentara un recurso de alzada ao entender que "conculcaban os dereitos da cidadanía". O Concello se suma a este recurso e solicita que se dite resolución que declare a nulidade da autorización ambiental outorgada, da súa renovación e da actualización tamén outorgada por parte da administración autonómica a ambas as dúas factorías situadas en Lourizán.
No caso de Elnosa, a 'Fundación Oceana' presentara un recurso no mesmo sentido, ao que o goberno local tamén se suma no seu recurso ao compartir os seus argumentos.