O goberno provincial presenta o reparto de máis axudas do Plan Concellos

Bueu
11 de maio 2017

O goberno provincial da Deputación de Pontevedra aprobará destinar preto de tres millóns de euros para levar a cabo vinte proxectos e investimentos en trece concellos da provincia de Pontevedra, entre eles os de Bueu, Moraña, Poio, Sanxenxo e Vilanova de Arousa

Xunta de Goberno da Deputación
Xunta de Goberno da Deputación / Deputación de Pontevedra

O goberno provincial da Deputación de Pontevedra aprobará destinar preto de tres millóns de euros para levar a cabo vinte proxectos e investimentos en trece concellos da provincia de Pontevedra, entre eles os de Bueu, Moraña, Poio, Sanxenxo e Vilanova de Arousa.

Con esta relación levarán xa aprobados investimentos para os concellos da provincia por valor de máis de 10,6 millóns de euros da liña 1 do Plan Concellos, é dicir, o 41,29% do total correspondente a esta liña destinada a investimentos, que este ano ascende a 25.750.000 euros.

  • Sanxenxo se beneficiará dunha achega de 108.900 euros a través da cal se vai adquirir un tractor con desbrozadora, brazo lateral e cabina forestal. 
  • Vilanova de Arousa recibirá 74.422,55 euros destinados á ampliación do centro de formación con novas tecnoloxías no Pazo de Vista Real. 
  • Poio se beneficiará dunha achega de 412.519,23 euros a través da cal se porá en marcha a estabilización dun muro de contención da estrada e a continuación do paseo litoral de Campelo.
  • Bueu, 237.846,77 euros a través dos cales o concello porá en marcha áreas de xogos infantís adaptadas e inclusivas así como áreas biosaudables e un área de skate park na vila.
  • Moraña, 236.141,4 euros para a reposición de pavimento no lugar de Covelo e para a adquisición dun equipo recolector-compactador de residuos sólidos urbanos. 

 

PAGO DE DÉBEDAS E ACTIVIDADES CULTURAIS

O goberno provincial aprobará tamén axudas por valor de 629.884,60 euros para que 16 concellos poidan levar a cabo amortizacións, pagamento de débedas e gasto corrente así como gastos derivados da realización de actividades culturais,deportivas ou sociais ao abeiro da liña 2. 

En concreto, beneficiaranse destas achegas Cuntis, O Grove, Meis, Ponte Caldelas, Sanxenxo, Vilagarcía e Vilanova de Arousa. 

  • O Grove para a carreira popular, a liga de Fútbol Sala Municipal, o simposio internacional de escultura ao aire libre, actividades de entroido e a regata das dornas. 
  • Meis beneficiarase de 71.300,17 euros para o pagamento de gasto corrente novo 
  • Sanxenxo, 53.491,95 euros para o verán no concello, as festas patronais de San Xenxo e Santa Rosalía, o Entroido, a XVIII Milla Vila de Sanxenxo, o II Triatlón Concello de Sanxenxo e o I Trail Con Da Ventureira.
  • Vilagarcía de Arousa recibirá 83.721,98 euros para o combate naval, para o servizo de mantemento dos parques infantís e reparación de farolas nas rúas Castelao, Edelmiro Trillo, o contorno da Alameda e Praza Ravella. 
  • Vilanova de Arousa beneficiarase de 64.756,16 euros para o pagamento de acredores de gasto corrente.
  • Ponte Caldelas recibirá 16.940 euros para a asistencia técnica para a contratación do servizo de xestión de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria. 
  • Cuntis beneficiarase de 15.968,23 euros para o mantemento de cunetas no rural.