O Goberno rectifica e permite aos comercios facer rebaixas desde hoxe mesmo

Pontevedra
18 de maio 2020

Apenas unha semana despois de prohibir as rebaixas nos comercios, apelando a un risco e aglomeracións, o Goberno rectificou a súa decisión e tras as críticas do sector pasou a autorizar estas campañas de desconto baixo certas condicións

Rebaixas de inverno en Pontevedra

Apenas unha semana despois de prohibir as rebaixas nos comercios, apelando a un risco e aglomeracións, o Goberno rectificou a súa decisión e tras as críticas do sector pasou a autorizar estas campañas de desconto baixo certas condicións.

Así, a partir deste luns os establecementos comerciais con permiso para abrir as súas portas poderán realizar rebaixas, sempre que se establezan medidas destinadas a asegurar que non se xeren aglomeracións que impidan o mantemento da distancia de seguridade.

Ademais, deberanse cumprir os límites de aforo marcados na fase da desescalada e non comprometer o cumprimento do resto de medidas establecidas.

De incumprirse estas regras, segundo a disposición do Goberno, os comercios deberán efectuar o cesamento inmediato destas accións comerciais ou de promoción.

Dentro do sector, o Goberno tamén autoriza desde este luns a apertura dos comercios que teñan máis de 400 metros cadrados, sempre que acouten o espazo dispoñible para o público a esta superficie. 

Esta última era unha das grandes reclamacións de cadeas como Inditex, Mango ou H&M, xa que vían moi limitada a posibilidade de abrir as súas tendas ao contar todas con grandes superficies.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora