'O Lérez' máis medieval corusca na Ferrería a través de Pablo Méndez Performances

Pontevedra
03 de setembro 2022

A compañía pontevedresa volveu impresionar o público coa súa montaxe na praza da Ferrería como elemento de inicio da XXI Feira Franca onde non faltaron piratas, dragóns e personaxes fantásticos

'O Lérez', de Pablo Méndez Performances / Mónica Patxot

Pablo Méndez Performances destaca por ofrecer fantasía e imaxes visuais impactantes. E baixo esta premisa, este venres 2 de setembro presentaba na praza da Ferrería o seu espectáculo 'O Lérez' ante miles de espectadores que seguiron os movementos acrobáticos e sempre imaxinativos da compañía pontevedresa.

O público mostrouse fascinado con este arranque ante as propostas dunha compañía capaz de reinventarse permanentemente ofrecendo creatividade e xogos cheos de cor, música, danza e dragóns luminosos. Sobre o escenario e entre os asistentes apareceron piratas entre sombras, malabaristas e personaxes fantásticos de gran tamaño.

Con esta montaxe ábrese a XXI Feira Franca, tras dúas edicións en que non puido celebrarse debido á pandemia. Desta forma, este primeiro venres de setembro cúmprense tres anos da última celebración medieval na cidade. Este sábado agárdase cheo de actividades desde ás 11.30 horas.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en