O novo goberno da Deputación dotará á oposición de "recursos suficientes" para facer o seu traballo de control

Pontevedra
23 de xullo 2015

A presidenta da Deputación non quixo adiantar ningún aspecto do pleno que se celebrará este venres no Pazo Provincial aínda que sinalou que "trátase do pleno de organización" onde se aprobarán as normas de funcionamento da corporación e os medios para o desenvolvemento do traballo dos distintos grupos

A presidenta da Deputación saúda aos traballadores do ORAL Cristina Saiz

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, adiantou que o novo goberno da administración provincial dotará á oposición de "recursos suficientes" para facer o seu traballo de control.

"Creo que a democracia se constrúe tamén dando recursos, materiais económicos e humanos, para que a oposición poida exercer con dignidade o seu papel", di Carmela Silva.

A presidenta da Deputación non quixo adiantar ningún aspecto do pleno que se celebrará este venres no Pazo Provincial aínda que sinalou que "trátase do pleno de organización" onde se aprobarán as normas de funcionamento da corporación e os medios para o desenvolvemento do traballo dos distintos grupos.

Carmela Silva fixo este xoves a súa primeira visita ao ORAL, o organismo de xestión tributaria e catastral da entidade provincial que presta "un servizo fundamental" aos concellos que "teñen serias dificultades" para realizar este servizo "tan complexo" e que recordou "é unha competencia propia da Deputación".

Logo de saudar persoalmente a todos os funcionarios, como ven facendo ao longo desta semana, Carmela Silva comentou que lle parece "triste que os traballadores públicos conozcan os políticos só polos medios de comunicación" e sinalou que con estas visitas tamén pretende conocer "as súas ideas e plantexamentos porque son eles os que coñecen en primeira persoa as demandas dos cidadáns".