O novo vial de acceso ao Gran Montecelo obrigará a expropiar 85 terreos

Pontevedra
07 de xuño 2021

O Diario Oficial de Galicia publicou este luns o anuncio polo que se somete a información pública este proxecto a efectos expropietarios. O custe dos terreos será de uns 107.000 euros, que serán asumidos pola Xunta de Galicia. Os afectados poderán alegar ata o próximo 19 de xullo

Trazado do novo vial para o Gran Montecelo Concello de Pontevedra

Ata 85 leiras deberán ser expropiadas para executar o trazado do novo vial de acceso ao Gran Montecelo, unha estrada de 830 metros de lonxitude que rodeará o complexo hospitalario.

O Diario Oficial de Galicia publicou este luns o anuncio polo que se somete a información pública este proxecto a efectos expropietarios. O custe dos terreos será de uns 107.000 euros, que serán asumidos pola Xunta de Galicia.

En concreto, o novo vial provocará a expropiación definitiva de 17.677 metros cadrados de terreos e a expropiación temporal doutros 2.035 metros cadrados. Non hai vivendas nestes terreos

Os afectados poderán alegar ata o próximo 19 de xullo.

A nova estrada, que executará o Concello de Pontevedra no marco do convenio coa administración autonómica para a ampliación de Montecelo, partirá fronte o pavillón de Príncipe Felipe e concluirá ao carón do actual aparcamento ao aire libre do hospital.

Será unha calzada con dous carrís, un para cada sentido, catro rotondas (unha ao comezo, outra ao final e dúas intermedias), e beirarrúas de 1,80 metros por cada lado.

A velocidade estará limitada a 30 quilómetros por hora e terá pasos de peóns elevados.