O persoal de Cleanet reclamará tres salarios pendentes diante do Ministerio de Defensa en Madrid

Pontevedra
29 de decembro 2014

A protesta será a mediados de xaneiro e ten como obxectivo reclamar o pago dos tres salarios que lles adeuda a empresa. Con esa mesma finalidade, este lunes realizaron unha xornada de folga, a terceira dende que comezou o conflicto, e manifestáronse por distintas rúas da cidade e diante da Subdelegación do Goberno

Protesta do persoal de Cleanet durante a súa terceira xornada de folga
Protesta do persoal de Cleanet durante a súa terceira xornada de folga

As traballadoras da empersa Cleanet, concesionaria do servizo de limpeza das dependencias militares de Pontevedra deprazaranse a Madrid para levar as súas protestas ao Ministerio de Defensa. O persoal acordou este luns en asemblea secundar unha protesta á que tamén acudirán os traballadores da empresa en Ferrol e no País Vasco.

A protesta será a mediados de xaneiro e decidiron trasladarse ás portas do Ministerio logo de constatar que o ministro de Defensa, Pedro Morenés, "di que non ten nin idea do que pasa", segundo explicou Diana Rodríguez, de CIG-Servizos.

Segundo indicou Diana Rodríguez, as deputadas do BNG Olaia Fernández e Rosana Pérez presentaron preguntas parlamentarias no Congreso dos Deputados sobre a situación das traballadoras de Cleanet, que en Pontevedra suman un total de 34. Antes de que o debate se produza na Cámara, tiveron oportunidade de falar con Pedro Morenés e el trasladoulles que descoñece a situación laboral. 

A protesta ten como obxectivo reclamar o pago dos tres salarios que lles adeuda a empresa. Con esa mesma finalidade, este lunes realizaron unha xornada de folga, a terceira dende que comezou o conflicto, e manifestáronse por distintas rúas da cidade e diante da Subdelegación do Goberno.

Na marcha participou arredor de medio cento de persoas, entre elas a totalidade do cadro de persoal que presta servizo nas dependencias da Brilat en Figueirido, da Escola Naval de Marín e da Residencia Militar e das Instalacións Deportivas de Campolongo.