Un médico de familia que presta servizo no centro positivo de Baltar, en Sanxenxo, deu positivo por coronavirus, segun confirmaron fontes da dirección da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Unha vez coñecido o positivo deste profesional sanitario activouse todos os protocolos establecidos no plan de continxencia da Covid-19 e xa se realizou a enquisa epidemiolóxica para empezar un rastrexo dos posibles contactos deste facultativo.
Segundo estas mesmas fontes, xa se identificaron os contactos e ditáronse os illamentos e as corentenas precisas para evitar posibles contaxios e conter a expansión do virus. De momento, non existen datos oficiais do número de persoas en illamento.
En relación co centro de saúde, tamén se activaron os protocolos correspondentes e reforzouse de forma inmediata a limpeza e desinfección das instalacións.