O positivo por Covid-19 dun médico activa o protocolo para rastrexar contactos e desinfectar o centro de saúde de Baltar

Sanxenxo
16 de xullo 2020

Desde a área sanitaria confirman que xa se realizou a enquisa epidemiolóxica para empezar un rastrexo dos posibles contactos deste facultativo e ditáronse os illamentos e as corentenas precisas para evitar posibles contaxios. Reforzouse de forma inmediata a limpeza e desinfección das instalacións

Servizo de Urxencias do Hospital Montecelo durante la crisis sanitaria do coronavirus Mónica Patxot

Un médico de familia que presta servizo no centro positivo de Baltar, en Sanxenxo, deu positivo por coronavirus,  segun confirmaron fontes da dirección da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. 

Unha vez coñecido o positivo deste profesional sanitario activouse todos os protocolos establecidos no plan de continxencia da  Covid-19 e xa se realizou a enquisa epidemiolóxica para empezar un rastrexo dos posibles contactos deste facultativo. 

Segundo estas mesmas fontes, xa se identificaron os contactos e ditáronse os illamentos e as corentenas precisas para evitar posibles contaxios e conter a expansión do virus. De momento, non existen datos oficiais do número de persoas en illamento.

En relación co centro de saúde, tamén se activaron os protocolos correspondentes e reforzouse de forma inmediata a limpeza e desinfección das instalacións.